Estes tempos de verán tráennos fermosas fotos de cores vivos, azuis intensos con verdes esmeraldas. O fotógrafo local das rías Baixas, Benito Oliveira ven de publicar no seu Picasa un novo álbum da sesión do 3 de xullo nunhas das súas praias habituais. Os locais desta zona da nosa costa teñen moita sorte de poder contar cun fotógrafo tan activo e traballador como Benito Oliveira que inmortaliza as sesión de surf, bodyboard, longueirón e windsurf máis memorables.
E aquí tedes completo o álbum de Benito Oliveira collido do seu Picasa:
Máis fotos de Benito Oliveira en: http://picasaweb.google.es/PHOTOSURFBRARDII