Towin de Eric Rebiere nas Rías Baixas

Hoxe publicamos unhas boas fotos de Bruno Novoa dunha sesión do pro Eric Rebiere "Rebrix" nun dos slabs máis potentes das Rías Baixas facendo probas coa moto de auga. Este é un adianto dun lote de fotos que aparecerá publicado proximamente. Eric Rebiere estivo na Tóxica o ano pasado e está decidido a explorar toda a nosa costa na procura de novas ondas e novos xeito de surfealas.

Search and Destroy - Eric Rebiere nas Rías Baixas

O wipeout é de Rubén González, rider portugues que foi 4 veces campión de Portugal e subcampión europeo. O golpe foi moi forte e partiu a prancha, estivo flotando na auga namentres a serie rompía diante del. A moto de auga tivo que sacalo e despois de levalo ao pico cunha nova prancha, Rubén marcouse un tubazo impresionante remando a onda sen remolque.

Wipeout de Rúben Gonzalez

Fai click nas miniaturas pra ver as fotos en tamaño grande!

{gallery}surfNoticias/2010/towin2:250:200:0{/gallery}

Moitas grazas a Bruno Novoa polas fotos!

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.