Novembro en Doniños [VIDEO]

Jesús Busto - Hoxe remata Novembro, en canto as ondas o mes deixou bastante que desexar, aínda que tivemos algún que outro día bo. En Doniños levamos xa unha semana con nordeste, e aínda que só sexa por ver o mar ordenado, e a pesar do frío, vale a pena. E para acabar o mes, algunhas imaxes. Na auga e por orde de aparición: Luís Rodríguez, Kiko Sequeiro, Angel Chao, Vizo, Pablo Romero 'Occy' e Carlos Bremón Jr.

Video orixinal: http://vimeo.com/17327794

Blog do autor: http://desdelacroa.blogspot.com/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com