Slab Obssesion con Victor Elizalde

Velaquí tedes varias fotos da sesión de Victor Elizalde a principios deste mes de Xuño nun dos slabs máis perigosos da nosa costa. A sesión foi completamente improvisada como todas as sesións de Victor nesta onda brutal xa que non podes planificar un baño neste pico. Pasou por diante da onda e decidiu entrar na auga.. estas fotos mostran que se pode surfar a remo sen motos pero con moita coraxe.

Surf Galicia

Varios wipeouts, un par de boas ondas coa dificultade engadida de ir de espaldas e baixadas ao límite fixeron desta sesión unha das mellores de Victor pero como el mesmo nos comentou é unha onda moi perigosa e sobre todo mental, de confianza, soamente para riders moi expertos e avanzados.

Surf Galicia

Surf Galicia

Surf Galicia

Surf Galicia

Fotos: I.M, un grande amigo de Victor que lle regalou unha das mellores fotos da súa vida como surfeiro.

Moitas grazas a Victor por colaborar co artigo!


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.