Estampas do Outono - Waves Factory

Carlos Bremon

Waves Factory - Só despois de coller moitas ondas, de perderes a conta de cantas levas collido, dás comprendido que non che hai dúas iguais. Cada unha delas fala, ao romper, cunha voz diferente, e a esencia do surf consiste en sabela escoitar, entendela, interpretar a súa mensaxe sobre a táboa. Tamén sucede ao tomar imaxes do mar: como o surfeiro, o fotógrafo enfróntase cun elemento que a cada intre ten unha alma distinta.

Ambos viven para captar o cerne da onda, o momento en que todo pode acontecer, porque quen a deixa escapar perde para sempre algo irrepetible.

O home e a onda: un diálogo que dura apenas uns segundos pero que non se pode plasmar en palabras.

Kuko Martin

Kuko Martín

Debaixo tedes a galería completa:

{artsexylightbox path="images/stories/surfNoticias/2012/wavesfactory" previewWidth="180" previewHeight="130"}{/artsexylightbox}

Foto portada: Carlos Bremón xogando en casa. Riders: Adri Formoso, Andrés Santalla, Iago Díaz, Deryck, Iván Manso, Kako García, Nacho García, Luís Rodríguez, Kuko Martín e Kevin Orihuela.

Texto: Miguel Salas

Fotos: Pablo López - Waves Factory

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com