Sesión en Patos 23/12/2012

Onte tivemos unha boa sesión de surf na esquerda de Monteferro e no Pico de Patos durante todo o día con moitos riders na auga con marea alta e baixa. Míticos surfeiros como Pozas, Jaji, Óscar Prieto, Yago Chamorro, Jacobo, Alex, Pereira e outros na compaña de novas promesas como Nacho Guisasola partillaron ondas no spot máis rádical da Ría de Vigo.

Nico Peña no tubo

Xirazo de Pozas

Velaquí tedes todas as fotos da sesión:

Se queredes algunha orixinal enviádeme un email.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com