O pasado domingo namentres estabamos a cubrir o Memorial Keima en Patos o rider Eric Rebiere e Ángel Fotosplino desafiaron ondas enormes na Costa da Rocha que vai de Cabo Silleiro ata a Foz do Miño. Estas cinco imaxes son de sesión de Eric cunha prancha de longo 10'6'' feita para este tipo de ondas e nas que non tivo acompañante. Unha sorte contar con riders na nosa costa que afronten estas sesións e entren na auga.
Fotos: Ángel Fotosplino
Fonte da nova:
http://www.ericrebiere.com/2012/12/back-in-water-oia-paddle-galicia.html