Crónica dunha sesión histórica na costa galega!

Samuel Northcoast - Era mediados de Outubro cando nos atopamos con Makako na costa sur de Galicia, non foi un gran día de ondas pero estivemos pensando ir botar un ollo a esta onda tan caprichosa.

Temos un potencial que pouco apreciamos pero que pouco a pouco todos irán vendo de outras formas - David Rodríguez 2014©


Un slab onde a selección é casi o máis importante - David Rodríguez 2014©

Falei con Angel fotosplino co que tamén levamos tempo esperando facerlle unha visita ao spot e apuntáronse ao momento. Houbo sorte e a seguinte semana entrou un bo parte de ondas, así que preparamos todo un pouco e xuntámonos un pequeno grupo para a batida na procura de ondas.

Cores pouco vistas pola nosa costa - David Rodríguez 2014©

O spot coas primeirs raiolas de sol - David Rodríguez 2014©

Cando chegamos ao primeiro lugar desde onde se podía ver a onda, xa nos atopamos coa boa sorpresa de que Makako xa estaba na auga collendo bombas en compañía de Chamux que viñera desde Asturias a noite anterior. O pico tenia bo pinta así que arrincamos sen pensalo cara abaixo.

Mirando o pico a primeira hora e preparando a baixada - Irene Aneiros

Cargados ata arriba pero con gañas de comezar a sesión - Irene Aneiros

A baixada leva o seu e só apta para os que de verdade queiran vivir esas sesións, despois dun intre baixando os rider e Angel marcharon cara a un lugar para saltar á auga namentres nós, o equipo de terra, aínda tiñamos unha boa pateada até o lugar para afotar a sesión.


O grupo preparandose pra entrar na agua - Irene Aneiros

A verdade é que tivemos moita sorte, xa que era un gran día na nosa costa, bo tempo e ventos terrais frouxos que son algo bastante escasos por aquí. Cando chegamos ao lugar para fotografar César e Julian xa chegaran desde o peirao coa moto de auga e tamén xa estaban a chegando o resto de riders ao pico.

Unha onda solitaria - Irene Aneiros

Un lugar especial e caprichoso que moi poucos saben apreciar - Ángel Fotosplino

A sesión estivo moi ben, dando bos tubos para todo o mundo, e os riders ofreceron un grande espectáculo probando sorte no profundo desas cavernas do norte galego.

Cristian Pérez - Ángel Fotosplino



Makako baixando as series dende ben atrás - Antonio Diaz


Iván Taboada nunha boa onda - Ángel Fotosplino


Andrés Manso - Antonio Diaz

Hugo Sánchez - Ángel Fotosplino

A xente estivo cómoda dentro do que se pode estar nestas condicións e así ir colléndo o punto a un lugar tan pouco visitado. Esperemos que aos poucos este tipo de onda véxase algún dia doutro xeito, estamos a empezar a ver o potencial que hai en Galicia e a saber quitarlle partido.

A onda ten unha segunda sección que te deixa sen palabras - Ángel Fotosplino

Andrés Manso - Irene Aneiros


Cristian Pérez disfrutando dun deses profundos tubos que fixo - David Rodríguez 2014©


Daniel Suárez - Antonio Diaz


Makako desfasando - Ángel Fotosplino


Rafa Melero - David Rodríguez 2014©


Andrés Manso disfrutando dun buen tubo - Angel Fotosplino

Como sempre houbo algún bo susto pero nada grave, algunha comida na boca dunhas series perdida ou o señor Daniel Suarez índose co beizo nunha boa bomba.


Daniel Suárez ao límite baixando co beizo da onda - David Rodriguez 2014©

Andrés Manso forzandolle nas baixadas - David Rodriguez 2014©

César Sánchez facendo un "cesar" - David Rodriguez 2014 ©

O equipo de tow in estivo a coller algunhas series coa moto para ir quentando pra esta tempada, pillaron algúns bos tubos e algunha boa comida que nunca está de máis para ir quentando, tamén tentaron meter algúns corcheros nalgunha bomba.

César Sánchez ben profundo no tubo - Angel Fotosplino


Julian González practicando pra este inverno - David Rodriguez 2014©

Hugo Sánchez baixando unha a tow in - David Rodriguez 2014©


César Sánchez dende moi atrás - Irene Aneiros


Hugo Sánchez ben profundo coa axuda da moto - Irene Aneiros

O día foi pasando e a onda bombeaba boas series, por sorte o tempo mantívose constante durante toda a sesión, nós en terra mesmo preferiamos un pouco máis de aire, xa que non se soportaba a calor no cantil.

Cristian Pérez facendo o escorpión antes de meterse nun bo tubo - Carmen


Makako baixa as primeiras luces do día - David Rodriguez 2014©


Rafa Melero baixando unha das series - David Rodriguez 2014©

Cristian Pérez baixando un bo pico - Angel Fotosplino


Makako a punto de entubar nunha boa sección - Carmen


Julian González - Antonio Diaz


Andrés Manso baixando polo aire unha bomba  - Angel Fotosplino


Rafa Melero jugandosela con la secion - Angel Fotosplino


Cristian Pérez no tubo  - Angel Fotosplino


Ángel fotosplino - David Rodríguez 2014©

Todo un pracer poder colaborar pra este artigo con todos estes grandes artistas da fotografía, tanto os que se xogan o equipo na auga como a todo o equipo de terra formado por Irene Aneiros, María Almeida, Antonio Diaz, Carol Montero e Carmen que se tivo que dar a boa pateada para poder fotografía a sesión.


Costas infinitas que gardan mil e un segredo - Irene Aneiros


Deixando as cousas claras do potencial que garda a nosa costa - David Rodríguez 2014©

Saúdos e grazas por ler o artigo!

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com