O pasado venres 30 de decembro tivemos a oportunidade de compartir un día de surf con Gony Zubizarreta en Portugal grazas ao traballo de 'La Conservera del Surf' e Jaji Iglesias. A xornada comezaba cun almorzo na praia de Patos na compaña duns 20 surfeiros con moitas ganas de entrar na auga. Fotos: Jota Foto Surf
Borja Malvar
Por mor da falta de ondas na Ría de Vigo non foi posíbel surfear en Patos polo que nos desprazamos ata Áncora pra ver o estado do mar e logo ata Moledo, onde puidemos surfear con Gony e ver a calidade das súas manobras e xiros. Despois dunha hora e media na auga os surfeiros marcharon contentos coas ondas e sairon pra comer. Segundo baño na praia de Áncora con ondas máis fortes e boas condicións.
Gony
Entre outros estaban Jaji Iglesias Fusté, Saul Carrera, Borja Malvar, Moncho Nieto, Joss, Angel Pozas, Pablo Gorgojo, Paul Boneil, Jerome Boneil, Michi Gómez e moitos máis amigos...
Jorge Suárez
Ángel Pozas
Saul Carrera
Despois de dous baños regresamos ata Patos, onde está o local de 'La conservera del Surf' no que Gony falou da súa experiencia como competidor profesional e consellos pra surfear ante moitos rapaces.
Tedes máis fotos de Jota Foto Surf da xornada en:
https://www.facebook.com/Jotafotosurf/photos/?tab=album&album_id=1157025347749294
Para máis información:
Tlf: 648 669 729
E-mail:
Web: http://laconserveradelsurf.com
{fcomments}