Unhas ondiñas nas Rías Baixas

Mini sesión de surf rápida de Germán Prieto, surfeiro catalán afincado en Vigo, probando a Rocket 6'2'' de Honey Surfboards no sur das Rías Baixas. Imaxes gravadas con GoPro. Edición: Matías Rivas.

Este modelo é unha das mellores opcións para os que buscan unha táboa de surf All Round con moi boas sensacións en todo tipo de condicións e ondas. Caracterízase pola súa cola redondeada con wings que che permitirá realizar moi bos xiros e manobras. O seu volume central desprazado varias polgadas cara á punta facilitarache a remada e coller un maior número de ondas en cada sesión. Tamén leva un pouco de volume extra na punta e na cola para mellorar as súas prestacións.

Boa opción para surfeiros que precisen unha táboa cun pouco máis de volume sen renunciar a unha shortboard moderna. Recoméndada para ondas de medio metro ata os dous metros e para nivel medio e avanzado.

+ info e vídeos deste modelo en:

https://www.surfmarket.org/es/tienda/surf/tablas-nuevas/honey-dust-rocket-detail



Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.