A motivación pode ser o reto de surfear un gran tubo ou simplemente a fascinación que xera unha onda agresiva. En todo ese proceso únenos a costa de Galicia coa súa paisaxe, a súa cultura aberta ao mar e sobre todo o factor salvaxe das súas ondas. "Cazadores de Slabs" dende todas as perspectivas representa as ganas de estar aí e vivilo en primeira persoa.
Un vídeo de Jet Galicia e Bruno Novoa.