Ondas na Fontenla 5/2/2010

Novas fotos de Julian Foto Surf na praia da Fontenla o 5 de febreiro de 2010. Segundo nos comentou Julian o día foi un pouco raro, choiva ao principio e por sorte para as fotos saiu o sol ao remate da sesión. A serie gorda sobre dous metros e medio algo quedona con seccións un pouco máis verticais, vento suroeste que lle daba un pouco mal. En principio pensaron en buscar outra praia pero por mor do pouco tempo que tiñan entraron na auga Dani Rodríguez e Hugo. Na praia estiveron Julian e o seu sobriño Jacobo afotando cun 500+TC 1x4.

Tedes todas as fotos da sesión na seguinte ligazón:

http://picasaweb.google.com/julianfotosurf/FONTENLA5210#

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.