Despois de pasarmos outro ano aforrando o diñeiro necesario, a miña moza e eu xa levamos uns 10 días polo Oeste de Java e as primeiras sensacións son moi boas. As ondas son potentes e os picos están prácticamente baleiros.
Cimaja
Probei varias ondas en sesións con menos de dez riders na auga e o pico máis popular da zona, Cimaja, ten un potencial enorme como podedes ver nestas fotos sen xente na auga e ondas de dous metrazos.
Isto non ten nada que ver con Bali pero os prezos do aloxamento e a comida son bastante similares xa que esta zona é bastante turística entre os habitantes de Jakarta. O día seguinte baixou o mar e xa puiden surfeala en compañia de 5/10 riders de Indonesia, Xapón, USA e Europa. Moi bo ambiente na auga e ondas para todos.
Eu buscando o tubo :)
Karang Sari é un pico pouco usual que rompe soamente con grandes swells e tiven a sorte de catalo e durmir nunha habitación enfronte do pico no hotel Bunga Ayu. Todo un luxo pero que paga a pena.
Cikembang necesita moito mar
Campos de Arroz
Despois de 3 días pola zona de Cimaja e Cisolok, chegamos a Ujung Genteng onde existen varias ondas de moito nivel con fondo de reef e 4 riders na auga. Estivemos nun complexo enfronte do pico de Mamas e a un par de kilómetros de Turtles e Ombak Tujuh, as ondas máis famosas desta zona.
Turtles
Pola noite visitamos o centro para a conservación das tartarugas que se atopa na mesma praia e foi unha experiencia moi bonita. Debaixo tedes unha foto da nosa nova amiga.
Como o mar non baixaba, decidimos regresar a Karang Sari e pasar os últimos dous días antes de marchar pra Bali e Lombok a seguir explorando a súa costa e misturándonos coa cultura indonesia e as súas xentes.
Karang Sari
Seguiremos informando da viaxe. Boas Ondas!
Todas as fotos en:
https://www.facebook.com/media/set/?set=a.1906919080629.2094808.1471364408