Viaxe a Mentawai de Chusma Surfboards

Velaquí van algunhas fotos de Chusma Surfboards na súa viaxe deste ano en Indonesia collidas do seu blog e no que podedes ler as súas explicacións sobre o quiver que levou e o resultado de cada unha das pranchas escollidas: un bonzer, un single e un stubbie. Debaixo tedes a Chusma co seu bonzer en Mentawai, unha prancha rápida, con volume e boa de xirar.

A single foi a surfboard máis divertida e solicitada da viaxe. Este tipo de prancha que leva un soa quilla obriga a facer un surf máis clásico e unha liñas máis marcadas que neste tipo de ondas oca facilitan a búsqueda dos tubos deixando en segundo lugar os reentries e xiros.

Jaime no tubo coa single de Chusma

Pra rematar a reportaxe tedes a unhas imaxes de Chusma co seu Stubbie 5'10'', unha tabla de surf con pouco rocker, curta, ancha e con cinco quillas e cola estreita que colle moita velocidade.

Take off


Cutback de Chusma co seu Stubbie

Blog de Chusma:

http://chusmasurfboards.blogspot.com.es

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.