Novos destinos surfeiros do King Millenium: Nias e Telo

O King Millenium ofréceche a posibilidade de coñecer dous novos destinos en Indonesia: Telo e Nias. Estas 2 zonas únense á viaxe estándar das illas Mentawai que levan facendo dende os seus comezos. Estes novos spots da oferta de destinos (Mentawai + Telo e Telo + Nias) tamén permiten coller as mellores ondas posibles, e non perder tempo de surf xa que as longas travesías fanse de noite.

Así pois con King Millenium poderás escoller a viaxe da túa elección:

  • Viaxe estándar ás  Mentawai
  • Mentawai (centro e norte) + Teo
  • Teo + Nias

As illas Telo son arquipélago situado xusto ao norte das Mentawai, e as súas características principais son a gran variedade de ondas (+ de 20 ondas) e a proximidade entre as mesmas xa que de norte a sur hai unhas 5 horas de travesía. Nesta zona de difícil acceso operan moi poucos barcos, e os poucos camps localízanse ao sur e ao norte, polo que se asegura sempre un surf en total tranquilidade.

Nias, moito máis coñecida grazas á súa famosa dereita de Lagundri, ten con todo outras moitas ondas de difícil acceso por terra o que lle fai ser un lugar ideal para coñecer por barco e coller ondas en solitario. Sinxelo funcionamento para as reservas (prezos e datas):

Para facelo fácil mantivemos o mesmo calendario e o mesmo prezo. Tan só terás que consultar o calendario na web e decidir onde queres ir cos teus amigos. Todas as viaxes teñen a mesma duración e o mesmo prezo independentemente do destino. E todos os destinos poden visitarse a bordo do KM1 ou do KM2.

Os nosos guías están perfectamente formados e coñecen todos os segredos das zonas onde operamos. 

Neste vídeo podes ver algunhas das ondas de Telo que compartiron con Jeremy Flores e os seus amigos. 

Máis info en www.surfingmentawai.com

KM Crew
www.surfingmentawai.com
www.facebook.com/king.millenium
www.vimeo.com/kingmillenium
www.youtube.com/kmsurfingmentawai
https://twitter.com/KingMillenium





Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.