Ir a estudar un ano ao estranxeiro non soa nada mal. E menos aínda se ese lugar ten sol, ondas, reggaetón e nel podes terminar os teus estudos universitarios. É unha oportunidade que pasa unha soa vez na vida. Hai que armarse de valor, coller a protección solar, as táboas e os libros e partir na procura da felicidade, os aprobados e a sabedoría. O espírito de aventura tampouco pode faltar e menos aínda nun país como este, Perú, cargado de montañas, selvas, desertos e infinitas esquerdas aínda por descubrir.
Fonte da nova:
{fcomments}