Pablo Montero, Will Ogilvie e Guillermo Alonso surfeando en Sotogrande (Mar Mediterráneo) o 13 de agosto de 2016. Como non había ondas no Océano Atlántico e tiñamos ganas de surfear, miramos as previsións para o Mar Mediterráneo, máis concretamente para a zona de Sotogrande, de onde é Will. Para a nosa sorpresa, alí si que daban ondas. Non o pensamos dúas veces e puxemos rumbo ao sur. Isto foi o que nos atopamos. Ondas, vento, sol e caloret, moito caloret.
Imaxes gravadas por nós mesmos, como se facía antigamente, e editadas por paulmontana.com (asombrosamente). Música: Rita Barberá - O Caloret
Máis info da viaxe no blog:
http://www.paulmontana.com/2016/08/surfeando-en-sotogrande-un-13-de-agosto.html
{fcomments}