Novo vídeo de La Conservera del Surf coas mellores ondas e imaxes da súa recente viaxe a Angola onde puideron surfear ondas solitarias. Unha expedición en busca de aventura e perfeccionamento de surf con Jorge Arrieta, Alberto Herrera, Rafa Vicente e Iñaki Oyarzábal desde Bilbao, José Imbernón e Jaji Iglesias desde Vigo, Manolo Movellán desde Madrid e Narci Jurado desde Cádiz. Dedicado ao máster Jesús "Txustone" Luzarraga.
Agradecementos a Angola Waves e a Marcelino "Bizuka" Barros por facer esta pioneira viaxe posible, a Carpe Diem Cabo Ledo polo trato, a Kepa Aceiro pola información, a Firewire polo material e á Embaixada de Angola en Madrid polos complexos trámites. Un edit de Matías "BBK" Rivas para A Conserveira.