Curso FGS Adestrador de surf Nivel I


O adestrador nacional en surfing nivel I é unha titulación oficial deportiva regrada no BOE, que forma ás persoas para ser adestradores deportivos de surf. Esta titulación está composta por unha proba de acceso, un bloque específico, un bloque común e un período de prácticas de 150 horas.

A proba de acceso realizarase o sábado 7 de setembro na praia de Patos (10:00 AM), Nigrán, Pontevedra, según condicións meteorolóxicas mobilidade á praia de Caión A Laracha, A Coruña. O importe é de 50 euros xa incluídos no prezo do curso. En caso de non pasar a proba de acceso, devolverase todo o importe pago excepto estes 50 euros da proba de acceso.

Aqueles que superen a proba de acceso, terán que realizar o BLOQUE COMÚN, BLOQUE ESPECÍFICO e prácticas.

Tedes toda a info do curso na web da FGS:

http://fgsurf.org/novas/cursos/936-2019-08-02-11-23-41.html


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com