Neste capítulo, Kepa comeza o seu percorrido por Galicia. En Ribadeo, en Illa Pancha quedará co seu amigo Eric Rebiere, experto surfeiro en ondas grandes. Neste capítulo Kepa desviarase do percorrido polo Camiño do Mar, unha variante do Camiño de Santiago que vai pola costa.
Así collerá tamén o roteiro de San Andrés de Teixido, o segundo roteiro de peregrinación máis importante de Galicia. En Foz visitará ao seu amigo Huevo, tamén surfeiro e degustará un marabilloso polbo da zona no restaurante de Remedios. En Barreiros visitará unha vaquería para coñecer de primeira man o proceso de fabricación do queixo. A etapa terminará en Cervo, onde Kepa pasará a noite para descansar.
Na praia de Esteiro, en Manón, surfeará con Pablo Maciñeira. En Cariño coñecerá a Moncho, un percebeiro da zona. Tamén coñecerá o oficio das redeiras, un oficio moi duro que se está perdendo.