A Federación Galega de Surf ven de comunicar na súa web o aprazamento de dúas probas do Circuito Galego de Surf e Bodyboard. As probas aprazadas son: 1º Proba do Circuito Galego Xunior de Surf e Bodyboard na Praia de Patos no Concello de Nigrán e a 1º Proba do Circuito Galego Open de Bodyboard na praia de Lariño.
En breves publicarán o calendario definitivo que ten que ser aprobado na Asambleia Xeral Ordinaria nas próximas semanas.
Máis info en:
http://www.fgsurf.org/novas/circuito/113-aprazamento-de-duas-probas-do-circuito-galego.html