Presentación da Gala do Surf Galego 2011

A Gala do Surf Galego 2011 vai ter lugar o vindeiro mércores día 7 de decembro ás oito da tarde no Complexo Playa Club na cidade da Coruña. Antes do comezo da Gala, haberá unha charla onde os protagonistas serán Gony Zubizarreta e Jaji Iglesias e os asistentes poderán falar con eles e facerlles preguntas.

Logo se entregarán os premios aos mellores riders deste ano e como sorpresa da xornada van presentar un novo evento deportivo de final de ano "O Mellor dos Mellores" onde competirán os mellores 8 riders de cada categoría na praia do Orzán. Seguiremos informando...

Máis info en:

http://www.fgsurf.org/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.