Fedérate en Galifonia!

Comeza a campaña 2012 da Federación Galega de Surf pra conseguir novos federados e manter os existentes. Se aínda estades sen federar non deberiades esperar máis tempo xa que estar federado ten moitas vantaxes e sae bastante barato. Neste ano Jaji Iglesias e Gony Zubizarreta participan nunha orixinal campaña aportando a súa imaxe xunto a unha vaca nunha leira, símbolo da identidade galega rural.

Vantaxes de estar federado:

  • Seguro de accidentes e responsabilidade civil con cobertura mundial.
  • O federados poderán participar en toda-las actividades organizadas pola FGS, tales como cursos de iniciciación, curso de formación de Xuíces/Técnicos.
  • O federados poderán participar nos campionatos organizados pola FGS.

No 2011 máis de 3.000 riders asinaron coa Federación e esperamos que este ano coa campaña de publicidade de balde na nosa web superen esa cifra.

Entre todos podemos facer unha Federación Galega forte e útil pero agora é o momento de federarse.

Fedérate en:

http://www.fgsurf.org/federacion/formulario.html

Máis info en:

http://www.fgsurf.org/novas/comunicados/208-campana-federate-2012.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.