A Federación Galega de Surf presentou a pasada semana o I Circuíto Interescolas 2012 co obxetivo de motivar a participación dos alumnos das escolas galegas de surf no mundo da competición deportiva e de paso encher o período do verán, máis frouxo en canto a condicións de ondas para a realización de campionatos Open e Junior dos correspondentes circuítos oficiais.
Este circuíto Interescolas consistirá, neste ano 2012, en dúas probas organizadas pola FGS nos meses Xullo e Agosto, unha na praia de Patos (Nigrán), e outra na praia de Razo (Carballo). A primeira proba terá lugar no areal de Razo (Carballo) o dia 21 de xullo. Ademáis da proba terá lugar no mesmo areal o Festival de música Sereas e Piratas. A diversión estará garantida todo a fin de semana para todo o que desexe achegarse a ver e por suposto para os participantes que serán os protagonistas.
Próximamente publicárase a convocatoria para esta proba. As inscricións deben tramitarse en tempo e forma segundo estableza a convocatoria. Os competidores serán inscritos polos seus técnicos.
En espera de que todas as Escolas da Federación se anímen a participar neste novo Circuito.
Máis info en: http://www.fgsurf.org/novas/comunicados/294-circuito-interescolas-2012.html