Asinado o Iº Convenio de Comunicación FGSurf.org & SurfGZ.com

Depois de 4 anos de duro traballo a prol do surf galego e a publicación das novas máis importantes pra nosa comunidade, temos que comunicarvos que este mes asinamos o Iº Convenio de Comunicación entre a Federación Galega de Surf e SurfGZ.com pra reforzar e formalizar unha relación que leva xa funcionando dende os comezos da nosa web no verán do 2008.

Un dos nosos principais obxetivos sempre foi darlle unha visibilidade importante ás novas da FGS e xa contan co seu proprio logo e noticias sindicadas RSS en toda a web. Tamén levamos máis de 200 noticias relacionadas cos seus eventos, cursos e campionatos nestes 4 anos e queremos seguir apoiando todas as súas iniciativas tan necesarias pra fortalecer e artellar unha verdadeira comunidade surfeira galega.

Moitas grazas a todo o equipo da Federación Galega de Surf por confiar na nosa web!

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.