A FEDERACIÓN GALEGA DE SURF xa ten aberto o prazo de solicitude de colaboración ou patrocinio nos proxectos que serán organizados pola Federación Galega de surf para a tempada 2013. Estas solicitudes de colaboración ou patrocinio deben ser enviados a
Os requisitos para organizar un proba do circuito galego 2013 seguirá os criterios do 2012, a excepción de que será a Federación Galega de surf a que asuma todos os costes relacionados co pago de soldos do Equipo Técnico e demais Staff.
O club ou entidade interesado en aportar a sua colaboración ou patrocinio en unha ou mais probas presentadas pola Federación Galega de surf, debe enviar o modelo de solicitude cuberto, tal e como se indica arriba, e colaborara nos seguintes aspectos:
- Trofeos e premios para os catro primeiros clasificados en cada categoría e modalidade.
- Elaboración do cartel publicitario do evento.
- Comida para os competidores e staff técnico.
- Publicidade do evento nos medios dos que dispoña o club ou entidade.
- Organización de actividades paralelas a competición para amenizar ou facer mais atractivo a xornada de competición.
O clube ou entidade será o colaborador ou patrocinador oficial da proba ou probas a solicitar. O clube ou entidade terá dereito a poñer a sua propia publicidade na Praia onde se desenvola o evento.
Os diferentes eventos a organizar pola Federación Galega de Surf son:
Os lugares e datas son provisionais, ata a sua aprobación na Asamblea.
Circuito Galego open de surf
- 1ª proba open de surf – Lugo (Praia de Oliñas). Data: 9-10 de Marzo.
- 2ª proba open de surf – Malpica. Data: 13-14 de Abril.
- 3ª proba open de surf – Pantin. Data: 22-23 de Xuño.
- 4ª proba open de surf – Razo. Data: 6-7 de Xullo (con prazo de espera)
- 5ª proba open de surf – Doniños. Data: 3-4 de Agosto (con prazo de espera)
- 6ª proba open de surf – Patos. Data: Octubre - Noviembre (con prazo de espera)
Circuito Galego open/xuvenil de Bodyboard
- 1ª proba open de surf – Valdoviño (Praia de A Frouxeira). Data: 16-17 de Febreiro.
- 2ª proba open de body – Faro (Carnota). Data: Marzo – Abril (con prazo de espera).
- 3ª proba open de body – Cambouzas (Arteixo). Data: 4-5 de Maio.
- 4ª proba open de body – Doniños. Data: 3-4 de Agosto. (con prazo de espera) - (Farase en conxunto coa proba open de surf a celebrar en Doniños).
- 5ª proba open de body – Esteiro. Data: 7-8 de Setembro.
- 6ª proba open de body – Pontevedra. Data: Octubre (con prazo de espera)
Circuito Galego open de Longboard-Paddleboard
- 1ª proba open de Long-Paddle – Pantin. Data: 22-23 de Xuño. (Farase en conxunto coa proba open de surf a celebrar en Pantin.
- 2ª proba open de Long-Paddle – Nemiña. Data: prazo de espera.
- 3ª proba open de Long-Paddle – Patos. Data: Prazo de espera.
Circuito Galego Infantil e Xuvenil de surf
- 1ª proba Infantil/xuvenil de surf – Ribadeo. Data: 23-24 de Febreiro.
- 2ª proba Infantil/xuvenil de surf – A Lanzada. Data: 27-28 de Abril.
- 3ª proba Infantil/xuvenil de surf – Malpica/Razo. Data: 6-7 de Xullo (con prazo de espera). Farase en conxunto coa proba open de surf a celebrar en Razo.
- 4ª proba Infantil/xuvenil de surf – Campelo/Pantin. Data: 17-18 de Agosto.
- 5ª proba Infantil/xuvenil de surf – Arteixo/Bastiagueiro. Data: 14-15 de Setembro.
- 6ª proba Infantil/xuvenil de surf – Patos. Data: Octubre – Noviembre (con prazo de espera.
Campeonatos Galegos
- Campeoanto Galego individual e por equipos – Praia de Soesto (Laxe)
- Campeonato O Mellor dos Mellores – Praia de Orzan (A Coruña)
A FEDERACIÓN GALEGA de SURF para todos os eventos do 2013, presentará a proposta de organización na primeira Asamblea do ano, para organizar as probas do circuito anteriormente expostas. Na Asamblea levarase a proposta de colaboración ou patrocinio de cada clube ou entidade para a sua aprobación.
Presentarase na Asamblea a oportunidade de ofrecer premios en Metálico. Este punto debe ser aprobado pola Asamblea Xeral. A data final de cada proba debe ser aprobada pola Asambela da FGS e débese ter unha data de reserva ou prazo de espera. Despois da Asamblea será publicado o calendario definitivo onde figurarán tamen os colaboradores ou patrocinadores de cada proba.
Os interesados deben enviar as suas solicitudes de colaboración ou patrocinio por email á dirección
Descargar SOLICITUDE (.DOC)