Apresentado o Calendario FGS 2013!

A Federación Galega de Surf acaba de presentar o Calendario Oficial do Circuíto Galego 2013 de surf, bodyboard, longboard e paddle surf.

Este ano o Open de Surf vai contar con 5 probas: Malpica, Pantín, Razo, Patos e Burela. O Open de Bodyboard terá tamén cinco probas: A Frouxeira, Carnota, Pontevedra, Valcovo e Esteiro. Este ano a categoría de Xuvenil bodyboard intégrase no Open.

O circuíto de Long e Paddle terá catro probas: Valdoviño, Muxía, Patos e Baiona. Como novidade importante temos que destacar o novo Circuíto Open de Paddleboard "Race" que contará con catro probas nas Rías Baixas. O circuíto Interescolas vai ter dúas probas no verán en Razo e Patos e haberá probas Galaico-Luso e Galaico-Astur pendentes de data.

O Campeonato Galego individual e por equipos será en Soesto no mes de Agosto e o Campionato "O Mellor dos Mellores" na praia do Orzán no Nadal nas datas habituais.

Todavía podedes colaborar na organización de varias probas de Bodyboard e Xuvenil de Surf. Animádevos e contactade coa Federación.

Tedes toda a info e o calendario en:

http://www.fgsurf.org/novas/circuito/371-calendario-oficial-circuito-galego-2013.html



Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.