Participa no concurso de vídeo da Federación e gaña unha prancha de Gony!!

A Federación Galega de Surf ven de anunciar un concurso de vídeos de apoio a súa campaña de captación de novos federados para este ano. É moi sinxelo participar, soamente tedes que enviar o voso vídeo explicando porque é importante estar federado do mesmo xeito que fai Gony Zubizarreta neste vídeo. O gañador do concurso vai ser o futuro propietario dunha prancha de surf do quiver de Gony.

Fai o teu vídeo e gaña esta prancha Semente de Gony Zubizarreta!!

Máis info e bases do concurso en:

http://fgsurf.org/novas/comunicados/400-campana-federate-2013.html

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com