Esta semana éstase a celebrar en Viana do Castelo os Xogos Náuticos Atlánticos 2013 do 14 ao 19 de Xullo e nos que a selección Galega está a representar a nosa bandeira branca e azul. Despois de varias concentracións pola Costa da Morte, nas praias de Razo, Malpica, Soesto, Laxe entre outras, o noso adestrador nacional Jesus Mª Guerra Naverán decidiu convocar para os próximos Xogos Náuticos aos seguintes deportistas na categoría de Surf:
- Diego Álvarez Lourido (A Coruña)
- Luis Ansín Mato (Pontevedra)
- Borja Malvar Crespán (Nigrán)
- Juan Fernández López (A Coruña)
- Ignacio Guisasola González (Pontevedra)
- Paula Paz Fraga (A Coruña)
- Isabel Gundín Pérez (Ferrol)
- Yolanda Rodríguez Aneiros (Ferrol)
En bodyboard, non houbo concentracións realizadas durante este ano e os seleccionados foron escollidos según as mellores posicións do ranking do circuito galego 2012 na categoría xuvenil de bodyboard. Polo tanto os convocados para os Xogos Náuticos serán:
- Carlos Megino Lorenzo (Pontevedra)
- Daniel Miguez Castro (Pontevedra)
A equipaxe oficial ven feita por TSP The Surfeiros Piratas que é o patrocinador oficial da selección en Portugal.
+ info en: