Comunicado FGS sobre o "Bloque Común"

Estimados deportistas,

Anunciamos que hoxe se fixo pública a orde que autoriza a realización do bloque común para as titulacións de Técnicos deportivos no Centro Safe de Ourense. ORDE do 6 de xuño de 2014 pola que se autoriza o bloque común e complementario a distancia das modalidades deportivas de inverno e o bloque común das actividades de formación promovidas polas federacións deportivas, presencial e a distancia, ao Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas Safe Formación, do concello de Ourense.

Dende a Federación Galega de Surf anulamos a convocatoria publicada do bloque común co Centro Pebetero en Extremadura, pra poder finalmente realizar esta formación aquí en Galicia.

Tedes toda a info en:

http://www.fgsurf.org/novas/cursos/582-resolucion-bloque-comun.html

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.