Carta Aberta do novo Presidente da FGS

Velaqui tedes a carta de presentación de Román Diez, novo Presidente da FGS, que ven de publicar na súa web pra agradecer todos os apoios recibidos estes primeiros días de mandato no seu posto oficial.

Saúdos a todos,

A xunta directiva e máis eu, Román Diez, como novo presidente da Federación Galega de Surf, queremos agradecer o apoio mostrado polo surf galego.

A nosa Xunta Directiva, está composta por persoas de tódalas partes de Galicia, xa que cremos que é boa unha representación repartida pola nosa costa. Chegamos con moita motivación e con moitas ganas de traballar. O noso obxectivo é dar unha nova imaxe á Federación, tanto visual como na organización da mesma, primando a calidade sobre tódalas cousas.

Nestes días estamos poñéndonos ó día, administrativamente falando, e nos próximos días queremos comunicarnos cós clubs e organizacións dedicadas ao surf, porque cremos que o surf é algo global e tódalas aportacións serán de axuda. A Federación somos todos.

Agradecer, por suposto, o traballo feito polo anterior presidente e Xunta Directiva.

Estamos a vosa disposición en todo o que precisedes.

Un saúdo y boas ondas.

Fdo.: DIEZ GONZÁLEZ, Román.

Podedes ler a noticia orixinal en:

http://fgsurf.org/novas/comunicados/637-carta-presentacion-do-novo-presidente.html

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.