A FGS presenta acordos de colaboración con clínicas de Fisioterapia en Vigo e Ferrol

A FGS chegou a un acordo de colaboración coa clínica Ogando Fisioterapia de Vigo e co Fisioterapeuta ferrolán Agarrades Garrido. Co obxectivo de ampliar aos poucos as vantaxes de estar federado a través da FGS e de facer máis accesible aos nosos federados algo tan importante na práctica de calquera disciplina deportiva como é a atención fisioterápica, nace este acordo de colaboración que traballaremos para ampliar cun maior número de clínicas e profesionais da nosa rexión.

O acordo, ao que van poder acollerse todos os federados que mostren a súa licenza en vigor da FGS, consiste en: Un 30% de desconto nos tratamentos recibidos na clínica Ogando Fisioterapia, esta clínica está dirixida por Francisco Ogando. Por outra banda, na zona de Ferrol, os federados terán un 20% de desconto nos tratamentos realizados por Asís Garrido.

{fcomments}

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.