Convocatoria aberta FGS pra monitor TD1

O adestrador nacional en surfing nivel I é unha titulación oficial deportiva regrada no BOE, que forma ás persoas para ser adestradores deportivos de surf.

Esta titulación está composta por:

- Proba de acceso.
- Bloque específico.
- Bloque común.
- Período  de prácticas (150 horas).

A proba realizarase o sábado 24 de febreiro na praia de Pantín segundo condicións mobilidade ás praias de Esmelle e Ponzos, na comarca de Ferrolterra. O importe é de 50 euros (xa incluídos no prezo do curso). En caso de non pasar a proba de acceso, devolverase todo o importe pago excepto estes 50 euros da proba de acceso.

Aqueles que superen a proba de acceso, terán que realizar o BLOQUE COMÚN, BLOQUE ESPECÍFICO e prácticas.

Debaixo tedes un vídeo cun resumo da proba de acceso para o Curso adestrador de surf nivel I celebrado en Agosto do 2012 na Praia de Doniños.

Tedes toda a info en:

http://www.fgsurf.org/novas/cursos/854-2018-01-25-19-00-29.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.