Cando xa só queda por disputar unha proba das categorías Surf Open, Infantil e Xuvenil así como de Bodyboard Infantil e Xuvenil, e a falta de dúas probas para finalizar o circuíto de Bodyboard Open aquí tendes todos os rankings actualizados ofrecidos pola Federación Galega:
- Circuito Caixa Galicia Surf Open
- Circuito Caixa Galicia Bodyboard Open
- Circuito Caixa Galicia Xuvenil e Infantil
En Surf Pipo Dominguez domina o campionato con 2590 puntos seguido de Jaji Iglesias con 2340, Pablo Montero ten 1915 e Nicolas Perez ocupa a cuarta posición con 1620. Na compitición feminina lidera o ranking Erika Franco do Clube Grosso Doniños seguida de Flavia Braña e María Escrigas do Clube de surf Pantín.
Na modalidade de longueirón ocupa a primeira plaza Dani Alvite seguido de Rodolfo Navarro e Walter Nieto.
O bodyboard masculino está liderado por Patrick Vilán e Javier Blanco do Patos Surf clube seguido de Ivan Castelo do Grosso Doniños.