Xa está todo preparado para a segunda proba de surf e bodyboard do Circuito Galego Xuvenil que vai ter lugar os días 26 e 27 de Abril na praia de Patos. Este evento vai contar con boas ondas tal e como podedes ver nas previsións do Windguru de Patos e está organizado por Zorlak Surfboards, Prado Surf Escola, Federación Galega de Surf e Concello de Nigrán.
Estades invitados a competir e a asistir como espectadores para ver os mellores novos riders da nosa costa no que promete ser un dos mellores eventos desta tempada.
+ info do evento e inscripcións online en:
{fcomments}