Comunicamos que o Campionato de Balieiros finalmente non se vai poder celebrar esta fin de semana e queda pendente dunha nova data, probablemente en Agosto, dependendo das condicións do mar. A causa da paralización é un novo Decreto que afecta a varios arenais galegos e que non permite eventos esta época do ano por mor da reproducción da Pillara das Dunas, unha ave protexida. Podedes ler o comunicado oficial na web da FGS.
Xa está aberto o prazo de inscripción para a primeira proba do Circuíto Galego 2014 Open de Surf que va ter lugar os días 3 e 4 de Maio na praia de Balieiros no Concello de Riveira. Este evento vaise celebrar nunha das praias da costa galega que precisa menos mar e que recibe ondas de xeito constante e as previsións son bastante boas. Haberá premios en metálico, premios, proba de descenso de longskate, concerto de 4Waves e zona de acampada.
As inscripcions pechan o MERCORES día 30 de abril as 13 horas. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. Recordade enviar a autorización paterna os que ainda non a tramitaron. O venres publicarase un horario provisional na web www.fgsurf.org . Mentras tanto seguimos vendo as previsions en Camaramar.
Inscríbete online en:
{fcomments}