Onte foi un gran día de competición de surf no pico da praia de Patos grazas ás boas ondas que tivemos todo o día e un gran nivel dos participantes que ofreceron un bo espectáculo na auga.
Isa Gundín en rapazas, Milo Castelo en Open e Oscar Prieto en Masters foron os vencedores do evento no que se fixeron moitos tubos. Excelente traballo da organización de Patos Surf, Novalbos e FGS. Grazas tamén a Camaramar pola retransmisión online do evento.
Debaixo tedes a galería completa feita por nós a pé de praia.
{artsexylightbox path="images/stories/surfNoticias/2015/patos" previewWidth="130" previewHeight="85"}{/artsexylightbox}
En breves a FGS publicará a crónica oficial cos resultados completos e o vídeo coas imaxes do día.
{fcomments}