Xa tedes online o novo vídeo oficial da FGS co resumo do acontecido a pasada fin de semana no pico de Patos durante a celebración da proba do Circuíto Galego 2015 de surf. Moitos tubos e ondas perfectas que fixeron posible moi boas puntuacións como o 10 de Milo Castelo por un tubazo. Vídeo realizado por Nando Bares.
Probablemente un dos mellores eventos galegos destes últimos anos grazas á calidade das ondas pero tamén ao traballo de organización de Patos Surf Clube, Novalbos Wave Company, Concello de Nigrán e Federación Galega de Surf.
{fcomments}