Co gallo da celebración do V Campionato Surf Concello de O Grove, 1ª Proba Infantil e Xuvenil da Federacion Galega de Surf en colaboración con Prado Surf Escola, queremos aportar o noso grao de area, contribuindo coa campaña de micromecenazgo #biopsialiquida para avanzar no estudo contra o cancro que se desenvolve o grupo de investigadores Oncomet nos laboratorios do Hospital Universitario de Santiago.
E ti tamén podes axudar! Poderás mercar en calquera dos nosos centros (Patos, A Lanzada e Bastiagueiro) rifas, e a túa aportación irá destinada a mellorar a esperanza de vida de moitos doentes de cancro. Durante o desenvolvemento do Campionato (os días 11 e 12 de marzo), sortearemos entre todos os participantes, un voo para dúas persoas a Lanzarote. Agardamos boas ondas, soliedaridade e por descontado, a vosa participación. #Letsurf
E dende xa, agradecemos a colaboración do noso patrocinador, Alumisel, así como de Concello O Grove, Deporte O Grove, Servicio Municipal de Emerxencias de O Grove, Turismogrove - Información Turística de O Grove ¡Moitas grazas por estar sempre ao noso lado!
#biopsialiquida #oncomet #colabora!
Tedes + info no Facebook de Prado Surf Escola
{fcomments}