Copa Galicia de Surf 2020

Velaquí temos o resumo da Copa Galicia de Surf 2020 na que participaron os mellores surfeiros do circuíto galego nunha das ondas míticas de Galicia, o Pico de Patos, na praia d'A Abra, no Concello de Nigrán.

Con boas condicións de ondas o sevillano Carlos Fernández e os locais Cristina Iglesias e Derick Rey foron os vencedores da proba nas súas categorías respectivas.

A competición que cumpría 30 anos da súa primeira edición converteuse nunha homenaxe  espontanea ao surfeiro coruñés Tito, lenda do surf galego e expraticipante do trofeo na súa segunda edición.

Organizado polo Concello de Nigrán, a Federación Galega de Surf e o Patos Surf Club.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.