Convocado o Campionato Galego Junior en Caión


Convocado o Campionato Galego Junior en Caión de surf e bodyboard na praia de Caión, no Concello de Laracha, esta fin de semana. Xa te podes inscribir online na web de FGS ata o xoves 16 de decembro de 2021 ás 11.30h. No caso de aprazamento do campionato devolverase o importe íntegro. Máximo de 1 categoría a elección do deportista.

Recordade que para participar neste campionato debes ser galego e ter licenza federativa coa Federación Galega de Surf. Este ano contamos con novo regulamento por equipos, aprobado na asemblea do 25 de Agosto de 2015 que contará do seguinte:

  • As categorías existentes serán as do ano actual do circuíto galego.
  • No campionato galego por clubes so puntuaran os 4 finalistas de cada categoría.
  • A puntuación dos finalistas será multiplicada polo coeficiente proporcional de inscritos da mesma categoría (a máis competidores inscritos nunha categoría o coeficiente será maior).
  • Informarase do coeficiente de cada categoría no peche das inscricións.
  • En cada categoría teremos un mínimo de 6 inscritos .

CATEGORÍAS:

SURF

  • Sub 12 mixto
  • Sub 14 feminino
  • Sub 14 masculino
  • Sub 16 feminino
  • Sub 16 masculino
  • Sub 18 feminino
  • Sub 18 masculino

Bodyboard

  • Sub 18 (se contamos con inscritos suficientes)

PREZO:

Xuvenil:

15 € / categoría para os competidores que asistan “con técnico” ESCOLAS OFICIAIS FGS*

25 € / categoría para os que asistan “sen técnicos” CLUB / SEN CLUB*

* Recorden que se debe abonar tantas inscricións como categorías nas que se compita.

PECHE DAS INSCRICIÓNS PARA CAMPIONATO: VENRES 17 ata as 11,30h

Nota importante: Os competidores que vaian acompañados por un técnico, será este o que faga o checkin do competidor. Do contrario, o competidores terá que abonar a diferenza da inscrición.

Tedes toda a info en:

https://my.fgsurf.org/#/news/campionato-gallego-de-surf-e-bodyboard-xuvenil-caion-concello-de-laracha/

#surfgalicia

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.