Ranking 2009 Circuito Galego de Surf

Xa están publicados na web da Federación Galega de Surf os resultados definitivos do Circuito Galego 2009. En surf masculino a primeira posición é pra Pablo Romero "Occy", segunda praza pra Jaji Iglesias, local de Patos, e terceiro posto pra Santi Díaz do Océano Surf Clube. En surf feminino o título foi pra Blanca Escrigas do Pantín Surf Clube, seguida de Erika Franco na segunda posición e terceira Maria Escrigas. Descargar Ranking 2009 Circuito Galego de Surf e Longueirón

Pablo Romero "Occy" no Campionato de Soesto

Descargar o Ranking 2009 Circuito Galego de Surf e Longueirón

Na categoría xuvenil os primeiros postos foron pra Rafa Dopico, Guillermo Gómez e Lalo Díez. Na categoría infantil o campión foi Lalo Díez, seguido de Miguel Gómez e na terceira posición Miguel Pérez-Moneo. 

A clasificación xuvenil de rapazas finalizou con Erika Franco na primeira posición, Reyes Rodríguez na segunda praza e Mairea Irisarri na terceira posición. Na categoría infantil os resultados foron os seguintes: Marta Cid, Delia Salgueiro e Mairea Irisarri.

Tedes o ranking completo na web da FGS ou na seguinte ligazón:

Descargar o Ranking 2009 Xuvenil e Infantil de Surf e Bodyboard

Lalo Díez. Foto: O blog de Occy


Fonte orixinal: http://www.fgsurf.com/galego/clasificacion.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.