A ASP comezará a facer probas antidopaxe este ano

ASP SURFA ASP International estreará este ano unha nova política antidoping entre os mellores riders mundiais nas probas do Campionato Mundial de Surf 2012. Esta medida foi tomada por consenso entre todas as partes e ten como obxectivo axudar a mellorar a imaxe do tour e facela máis profesional.

Os 34 surfeiros e as 17 surfeiras que competirán no World Tour someteranse a este tipo de controis durante os eventos que se fagan por todo o planeta. O modelo empregado será o recoñecido pola Axencia Mundial contra a dopaxe (WADA) que ten unha listaxe de sustancias prohibidas e diferentes procedementos pra facer os tests de dopaxe.

É importante destacar que agora os surfeiros poderán dar positivo por uso de sustancias como a cocaína, cannabis, alcol, anfetaminas, etc.. non soamente as sustancias que potencien o rendemento deportivo serán analizadas polo que pode que teñamos algunhas sorpresas este ano.

Tedes máis info sobre a política contra a dopaxe en:

http://www.aspworldtour.com/pdf/aspantidopingpolicy.pdf

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com