Corrupción política no mundo do surf en Ericeira

Os políticos portugueses da Câmara Municipal de Mafra decidiron a pasada semana botar fora a xente do mítico Ribeira Surfcamp situado en Ribeira D´ilhas e fundado polo rider Tiago Oliveira coa excusa de facer un novo surfcamp en mans dos amigos dos políticos locais. Este caso de corrupción a man de poderosos mostra a pouca falta de escrupulos de algunha xente pra se aproveitar da súa posición e arruinar a un dos mellores surfcamps portugueses.

Segundo comenta no seu blog Eric Rebiere este surfcamp foi fundado cando o surf non era un negocio interesante e non movía moito diñeiro pero agora as cousas son diferentes e todo vale pra terminar cunha empresa mítica do surf europeo e todo o traballo feito por Tiago Oliveira a prol do surf en Ericeira.

Hai dez anos Tiago presentou un proxecto de Centro de Surf de Alto Rendimento e agora os políticos locais "roubáronlle" a idea, o proxecto a as súas terras pra facer o proxecto baseandose na interese xeral pero isto non é un hospital, nen estrada, nen escolas, sinxelamente é un atropello e unha barbaridade.

Seguiremos informando sobre este caso de abuso político e sobre como axudar na campaña de información e solidariedade.

Podedes asinar unha petición en:

http://www.peticaopublica.com/?pi=Ribeira

Novas relacionadas:

http://www.surftotal.com/pt/index.php/noticias/item/6908-começou-o-despejo-do-surf-camp-dribeira

http://www.ericrebiere.com/2012/07/weird-things-happen-in-surf.html


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com