Este 1 de Agosto abrirá as súas portas ao público, Surf Snowdonia, o primeiro parque de ondas artificiais creado baixo a licenza de Wave Garden e que pode producir unha onda por minuto que poden surfear dous riders ao mesmo tempo. Comezará a súa actividade co 50% do seu potencial pero en breves esperan ofrecer ondas de até 2 metros por un prezo entre 19 e 40 libras por unha hora de surf.
Surf snowdonia ofrece ondas para nivel principiante, intermedio e avanzado de 150 metros de lonxitude e uns 16 segundos de duración. No vídeo deste artigo podedes ver ao surfeiros profesionais Alan Stokes e Jayce Robinson disfrutando de boas ondas.
Ondas para alumnos de escolas
Instalacións no interior de Gales
Agora que comeza o surf en piscina seica imos ver o crecemento do deslizamento sobre auga en cidades do interior o cal pode producir efectos inesperados nas nosas costas. O debate está aberto para ben ou para mal...
Web oficial con info en inglés e reserva online:
http://www.surfsnowdonia.co.uk
Redes sociais de Surf Snowdonia:
https://www.facebook.com/SurfSnowdonia
https://twitter.com/SurfSnowdonia
{fcomments}