Cada día que pasa somos un chisco máis vellos e máis lentos pero por fortuna as novas xeracións de riders veñen pisando forte. Yoli Rodríguez rematou na terceira posición no Bakio Rip Curl Groms celebrado a primeiros de xullo no País Basco. Nomes como Lalo Díez e Rafa Dopico empezan a repetirse nos podios de diferentes competicións estatais e outros moitos están a entrenar duramente pra se facer un lugar nas súas praias. Neste artigo tedes unha pequena escolma de fotos e videos destas promesas do noso surf.
Yoli Rodríguez competindo en Bakio - Foto: Occy
Ignacio Guisasola, 11 anos e local da ría de Pontevedra - Foto: Eugenio Prados
Tamén é importante destacar o traballo de moitos adestradores como Kako García que está a facer un excelente traballo reforzando a técnica das promesas da zona de Ferrolterra. Outros como Pipo Dominguez están a traballar con moi bos resultados no sur da nosa costa.
Rafa Dopico - Foto: Eugenio Prados
Isabel Gundin, 10 anos e baixando tamaño en Ferrolterra
Erika Franco e Delia Salgueiro adestrando
Miguel sacando as quillas
Lalo - Foto: Pablo López
Como ben diciamos ao principio deste artigo: "o futuro xa está aquí!"