Presentación en Vigo de "Vómitos de Vida"

Jaji Iglesias vai presentar este venres na cidade de Vigo xunto ao fotógrafo madrileño Carlos Álvarez o seu primeiro libro conxunto na Galería de arte Triart na rúa Gamboa nº3 ás 20:30. O libro fala da vida dun perdedor que ten moitos vicios e que odia á sociedade na que vive, un relato dun home solitario e perdedor...

Relatos breves pero contundentes mestúranse con imaxes limpas pero directas. Sen unha orde establecida nin un argumento que haxa que seguir ao pé da letra. Cada un pode interpretar o que queira. Á fin e ao cabo, trátase dunha idea diferente de contar as cousas. De dous puntos de vista que, como todos son únicos, pero que se se analizan e únense, forman unha boa metade.

Trátase do primeiro de dous libros que estes dous mozos creadores pariron, libros que xorden a partir da recien creada editorial "SINAMOR".


Máis info no feisbuk de Jaji: http://www.facebook.com

JAJI IGLESIAS

Jaji Iglesias desfasando

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com