Fotos da Homenaxe ao Queima en Lanzarote

O pasado sábado houbo unha fermosa homenaxe de despedida ao Queima na illa de Lanzarote, durante todo o día os seus amigos lembraron a súa memoria. Ás 14:30 da tarde medio cento de riders entraron na auga dende o peirao da vila da Santa e formaron un círculo de mans unidas no medio do mar. Migueltxu, un grande amigo de Julián, leu a carta de Ana e botaron frores a uns cen metros do Quemao, a súa onda preferida. Logo, algúns amigos foron coller algunhas ondas no Quemao pra compartir este último baño co Queima.

Ao rematar esta ofrenda, un grupo de amigos desprazáronse ao lugar onde o Queima perdeu a vida pescando e pasaron o día facendo un "asadero" e compartindo anécdotas de Julián. Foi unha xornada moi animada, moitos non nos coñeciamos pero formabamos parte da vida de Julián, e despois de pasar a tarde nas rochas marchamos de alí coa sensación de que o Queima estaría contento de ver a moitos amigos reunidos nun lugar moi especial onde acostumaba a sacar peixe pra cear.

Moitas grazas a todos os asistentes e en especial aos amigos que viñeron dende a illa de Gran Canaria.

Sempre Queima!

Galería de Fotos da Homenaxe ao Queima:

{artsexylightbox path="images/stories/surfNoticias/2011/keima" previewWidth="133" previewHeight="90"}{/artsexylightbox}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com