Os dous riders de Ferrolterra, Yoli Aneiros e Luis Rodríguez, participaron na concentración do equipo estatal de Oakley que tivo lugar en Asturias a finais de Outubro. Luís, que xa leva uns anos no equipo, afianzou a súa determinación en ondas fortes, tirándose ás máis cerronas e arriscando ao límite en cada xiro.

Luís Rodríguez - Foto: Juan Fernández
A xoven Yoli Aneiros, que asinou o seu contrato hai pouco tempo, compaxinou a súa participación no campionato de promesas do surf en Caravia, coa concentración do equipo, onde coñeceu e surfeou xunto a compañeiros como Pablo Guitérrez, Marcelino Botín, Borja Agote, Guillermo Alonso, María Ortiz e Mario Azurza.

Yoli Aneiros - Foto: Juan Fernández

O equipo Oakley - Foto: Juan Fernández

Unha nova estrela galega - Foto: Juan Fernández

Podedes ver os traballos deste fotógrafo en:
