Yago Chamorro - A pasada fin de semana e coincidindo coa ponte decidimos realizar un training de alto rendemento dirixido por José Pirrait, un dos mellores adestradores europeos que ten ao seu cargo a surfers da talla de Gony Zubizarreta, Marlon Limpke, Nick van Roup, Johnatan González ou Ana Sarmiento e que realizou un training para Ignacio Guisasola, a nova promesa galega do surf, nestes catro dias fíxose un tour por toda a costa galega pasando por Pantín, Lanzada, Montalvo, Malpica, Louro e Lariño, moitos kilómetros e boas condicións para cumprir obxetivos a longo prazo.
Ignacio con Ana e José Pirrait
Tivemos a sorte de gozar de varias sesións de surf con Ana Sarmiento, campiona de surf feminino portuguesa que nos deixou asombrados co nivelazo e o power co que surfea. Foi unha ponte completa no que intercambiamos criterios e métodos de adestramento para que os nosos pupilos sigan mellorando.
Texto: Yago Chamorro - Riders Surf School
Fotos: Jorge Touriño